URXENCIAS
655 367 376

 
 

A convalecencia nun espazo climatizado e insonoro

Os procesos de recuperación en mascotas soen ser abraiantemente rápidos, se os comparamos cos humanos. Porén, hai convalecencias inevitables (enfermidades víricas, intoxicacións, traumatismos, posoperatorios...) que precisan dunha atención e coidados veterinarios a reo, e que as veces abranguen varios días. Para os animais que requiran hospitalización en TeoVet dipoñemos dunha área, con gaiolas individuais de seguridade onde poden recuperarse en acougo. Un espazo completamente insonorizado, dotado de instrumentario sanitario, climatizado e aséptico, e cos mellores coidados garantidos.

¿Cando compre a hospitalización?

De xeito xenérico pódese concluír que a hospitalización é necesaria cando un animal require medicación e hidratación intravenosa contínua e unha estricta observación que avalíe e preveña complicacións e riscos serios para a súa saúde. Cando un paciente o precisa, a atención que lle pode dispensar o equipo veterinario non se limita en exclusiva ás horas en que a clínica está operativa e aberta ós clientes, senón que a maioría das veces os coidados e paliativos ocupan as 24 horas do día.

  • Procesos de recuperación trala intervención quirúrxica.
  • Enfermidades víricas especialmente graves (como por exemplo a parvovirose)
  • Efermidades derivadas da infestación de parásitos (babesia, leishmania) e por envelenamento.
  • Golpes de calor e complicacións cardio-respiratorias.
  • Complicacións pre e pos parto.
  • icon

    Servizo a domicilio

    Á tua disposición

    Dispoñemos dun servicio a domicilio para atender as necesidades e urxencias das tuas mascotas.

    icon

    Citas online

    Para a tua comodidade

    Adaptámonos á transformación dixital e ofrecemos
    un servizo de citas online para a tua comodidade.
    Se o prefires, o teléfono sigue operativo ;-).

    icon

    Os mellores profesionais

    Experiencia, atención e eficiencia

    ¡Somos un equipo xoven e moi preparado!
    Ofrecemos un trato cercano e profesional para garantir
    a mellor atención para ti e para a tua mascota

    icon

    24/7 para a tua mascota

    Servizo de emerxencias

    Dispoñemos dun servizo de emerxencias para atender
    á tua mascota fora do horario de consulta habitual.
    ¡Non dubides en chamarnos ó 655 367 376!